sábado 26 de abril de 2008

"VESTÍBULO DA DEVASTACIÓN" na Rúa



Onte foi a prsentación do Poemario de Rosa Enriquez "Vestibulo da devastación", na Rúa de Valdeorras, Vila natal da escritora e, como ela mesma dixo, "a ónde sempre quero voltar".
O acto celebrouse na Biblioteca da Casa da Caultura. Fixo a presentación o Alcalde de A Rúa, José Vicente Solarat, quen amosou a súa ledicia e orgullo de poder presentar aos seus conveciños, a unha muller que inda que coñecida por tod@s, xa que naceu e viviu na Rúa, agora coñeceremos a súa obra poética... Adicou unhas palabras tamén para Miguel Anxo Fernán Vello, poeta e editor neste caso da Obra de Rosa, por ter a amabilidade de acercarse ata A Rúa para acompañar a Rosa e presentarnos este "Vestíbulo da devastación" magnífico.
Falou despois Fernán Vello, só direi que foi espléndido, xa que deu unha lección maxistral de poesía. a min particularmente encantoume.
E finalmente falou Rosa, será mellor que non diga nada sobre as súas palabras, porque seguramente sería excesiva, xa que se trata de miña irmá, pero o público emocionouse sobre todo cando leu algúns dos poemas do libro.
Non teño palabras para explicar a satisfacción e o orgullo que a min e aos meus pais supuxo iste acto.
Foi moi emotivo. Pero sobre todo tivo unha grande calidade literaria.

sábado 19 de abril de 2008

Esta é a "RUFA"



Sigo aiquí, inda que un pouco liada cos estudos e máis cos "traballiños" que nos obrigan a facer en moitas asignaturas.
A cadeliña, sigue medrando e facéndose dona da casa, por fin puxémoslle nome, chámase RUFA, dí o meu fillo que é o que figura na cartiña de sanidade da cadela como dono, que lle acae moi ben, e a min tamén me gusta, porque é curto e fácil de chamar.
Según o veterinario é de raza mestiza, ou sexa tipo can de palleiro, pero seica estes cans son os mais listiños.
Xa irei contando os avatares desta miña familia co asunto da cadela, estamos todos engaiolados e paréceme que ela sábeo, en fin a ver se somos quen de educala con xeito.

jueves 3 de abril de 2008

¡Teño unha cadela!


Non pensedes que acabo de chegar do meu "retiro", xa hai moitos días qe voltei pero non tiven moito tempo para poñerme co ordenador, a é verdade que non tiven tempo de nada, entre traballar, estudar e atender a casa, xa sabedes do que falo... e inda por riba o meu fillo trouxo unha cadeliña que lle regalaron.
E moi bonitiña, si, pero ten un mes i é un bebé que hai que coidar como tal.
Os que tedes cans, xa sabedes de que vai esto, hai que levala ao veterinario, desparasitala, vacunala, pero o pior de todo é ensinala para que faga as suas necesidades no sitio que lle puxemos.
Tráeme pola rúa da congoxa esta cadeliña, todo o día detrás dela coa fregona. Tiven que quitar as alfombras porque lle deu por mexar cada día nunha.
Pero o certo é que a pesar dos inconvintes, xa lle collín cariño e estou todo o día pendente de que estea ben, do que come, e sobre todo, de que meu fillo se faga responsable dela, que para iso a trouxo.
Inda non lle puxemos nome, vou ver se podo colgar unha foto e me dades ideas para o nome.

miércoles 19 de marzo de 2008

"O Convento de Balsamâo"


Estou pasando uns días de vacacións en Portugal, no Convento de Balsamâo, situado no Nordeste de Transmontano, no coraçao do distrito de Bragança, cidade da que dista cerca de 57 km, e a 17 da cidade de Macedo de Cavaleiros, concello ao que pertence o Convento.
O monte de Balsamâo está bañado ao sul polo rio Azibo, que se pode atravesar por unha pequena ponte romana e ao norte pola ribeira de Chacim. O "pequeno monte" ten unha altitude de 522m e disfruta de un microclima moi característico, onde se dan as laranxeiras e limoeiras así como as amendoeiras que segundo din aquí, na época de floración é un fermoso e deslumbrante espectáculo.
Neste Convento vive a Comunidade relixiosa dos "Marianos da imaculada conceiçâo", a quen pertence o Convento.
Agora adícano ao acollemento de hóspedes ao estilo dunha "casa de turismo rural", por iso vin aquí, non vaiades pensar que me fixen relixiosa de súpeto.
o Lugar está ben apartadiño da civilización. So está recomendado para os que coma min, desexen estar sós sen que naide nin nada os interrumpa, e así poder rematar un traballo que teño que presentar dentro de 15 días.
Mato dous paxaros cun tiro, vacacioneo un pouco, e remato o meu traballo.
Agora mesmo estou escribindo este post no claustro, que ten un patio cheo de laranxeiras, onde anidan os paxaros que co seu canto están a deleitar os meus oidos, xa que non hai outro sonido que interrompa o silenzo.
Non sei se rematarei o meu traballo pero non me arrepinto de ter vido a este recunchiño de Portugal.
Vou pasar uns días de "recollimento espiritual", a ver se me da forza para seguir traballando.

.

miércoles 12 de marzo de 2008

Discurso do Ministro Brasileiro de Educación nos EE.UU ... (Censurado)



Este discurso merece ser lído, xa que non sempre un brasileiro pódelle dar un “baile” educadísimo aos Americanos...
Durante un debate nunha universidade dos Estados Unidos o actual Ministro de Educación CRISTOVAM BUARQUE foi cuestionado sobre o que pensaba da internacionalización da Amazonía (idea que surxe con algunha insistencia nalgúns sectores da sociedade americana e que moito incomoda aos brasileños).
Un mozo americano fíxolle a pregunta dicindo que esperaba a resposta dun Humanista e non a dun Brasileiro.

Esta foi a resposta de Cristovam Buarque:

De feito, como brasileiro eu simplesmente falaría en contra da internacionalización da Amazonía. Por máis que os nosos gobernos non teñan o debido cuidado con ese patrimonio, él é noso.
Como humanista, sentindo o risco da degradación ambiental que sufre a Amazonía, podo imaxinar a súa internacionalización, como tamén a de todo o demáis que ten importancia para a humanidade.
Si a Amazonía, baixo unha ética humanista, debe ser internacionalizada, internacionalicemos tamén as reservas de petróleo do mundo enteiro...
o petróleo é tan importante para o benestar da humanidade coma Amazonía para o noso futuro. A pesares diso, os donos das reservas síntense no dereito de aumentar ou disminuir a extracción de petróleo e subir ou non o seu prezo.
Da mesma forma, o capital financieiro dos países ricos debería ser internacionalizado. Si a Amazonía é unha reserva para todos os seres humanos, ela non pode ser queimada pola gaña dun dono ou dun país.
Queimar a Amazonía é tan grave coma o desemprego provocado polas decisións arbitrarias dos especuladores globais.
Non podemos deixar que as reservas financieiras sirvan para queimar países enteiros por culpa da especulación.
Antes ainda da Amazonía, a mín gostaríame ver a internacionalización de todos os grandes museos do mundo. O Louvre non debe pertencer só a Francia.
Cada museo do mundo é gardián das máis belas pezas producidas polo xenio humano. Non se pode deixar ese patrimonio cultural, como o patrimonio natural Amazónico, que sexa manipulado e destruido polo gusto dun propietario ou dun país.
Non fai moito tempo, un millonario xaponés, decidiu enterrar con él, un cadro dun grande mestre. Denantes diso, aquel cadro debería ter sido internacionalizado.
Durante este encontro, as Nacións Unidas están a realizar o Forum do Milenio, pero algúns presidentes de países tiveron dificultades para comparecer polo constreñimento na frontiera dos EE.UU.
Por iso, coido que Nova York, como sede das Nacións Unidas, debe ser internacionalizada. Polo menos Manhattan, debería pertencer a toda a humanidade. Así como París, Venecia, Roma, Londres, Río de Xaneiro, Brasilia, Recife, cada cidade, coa súa beleza específica, súa historia do mundo, debería pertencer ao mundo enteiro.
Se os EE.UU queren internacionalizar a Amazonía, polo risco de deixala nas mans de brasileiros, internacionalicemos tamén tódolos arsenais nucleares dos EE.UU. Porque eles xa amosaron que son quen de usar esas armas, provocando unha destrucción miles de veces maior que as lamentabeis queimas feitas nas florestas do Brasil..
Nos seus debates, os actuais candidatos á presidenza dos EE.UU teñen defendido a idea de internacionalizar as reservas forestais do mundo como pago da débeda.
Comecemos usando esa débeda para garantir que cada neno do Mundo teña a posibilidade de COMER e de ir á escola
Internacionalicemos aos nenos tratándoos, a todos eles, sen importar o país no que naceron, como patrimonio que merece os cuidados do mundo enteiro.
Inda paga máis a pena ca Amazonía, que os dirixentes trataren aos nenos pobres do mundo coma un patrimonio da Humanidade, deste xeito non permitirían que eles traballasen cando deberían estudar, nin que morreran cando deberían vivir.
Como humanista, acepto defender a internacionalización do mundo.
Pero, mentres o mundo me trate como brasileiro, loitarei para que a Amazonía sexa nosa.
¡Só nosa!

ESTE DISCURSO NON FOI PUBLICADO. AXÚDENOS A Divulgalo porque é moi importante... e porque foi ¡CENSURADO!

lunes 10 de marzo de 2008

"Voto útil deputado inútil"

Coméntame Silvana, que ela tiña a esperanza de que o BNG acadase un diputado máis nestas eleccións, pero eu que estou afeita aos precarios resultados do BNG, teño que dicir que desta volta témonos que sentir especialmente optimistas cos resultados acadados dadas as regras de xogo que se impuxeron nesta campaña.
Todo xirou ao redor dos dous grandes partidos españolistas, semellaba que non existían máis ca estos dous partidos, tanto foi así que non hai máis que ver os resultados de IU e máis do resto dos prtidos nacionalistas de outras autonomías, así que con este panorama, pódese considerar que os resultados do BNG foron altamente satisfactorios.
Dous deputados non é moito, pero han servir para que Galiza teña voz en Madrid, e mentres tanto a ver se imos tomando conciencia de galegos e de que o noso País pouco ten que ver con Andalucía, o País Vasco, Cataluña ou mesmo Castela. Somos diferentes, e temos necesidades diferentes; non é o mesmo construir unha autoestrada en Castela ou Andalucía que en Galiza, como non é o mesmo tampouco a diversidade poboacional ou a dispersión que ten Galiza á hora de repartir recursos etc. E todas estas cousas si as ten presentes o BNG, O seu programa está feito pensando nas condicións de Galiza, e os seu deputados/as han traballar sempre por e para Galiza, aquí na Xunta de Galiza e alá en Madrid no Congreso dos deputados.
Penso que moita galegos se van dando conta do que fai o BNG e de como traballa a súa xente, por iso neste comicios e despois dunha campaña asediada polo bipartidismo, non só non baixou a súa representación senon que subiu no seu porcentaxe de votos e isto supón á hora das valoracións unha inclinación na balanza da intención de voto dos galegos que eu espero que sexa máis contundente nas próximas elecións autonómicas.

miércoles 5 de marzo de 2008

A casa


Non me gustou nadiña a casa, pero ela amosouma tan fachendosa que non fun quen de dicirlle o que pensaba. Era moi grande si, e con moito xardín, e por dentro semellaba un duples deses moi modernos que se levan tanto agora. Os mobles tamén moi de moda, ata os livros das estanterías facían xogo coa cor das alfombras. Nos sofás daba non sei o que sentarse. E todo tan limpo, nin unha motiña de pó, todo ben recollidiño.
Deume por pensar que se cadra era unha desas casa que as teñen para ensinar aos clientes e futuros mercadores, unha casa “piloto” coido que lle chaman, tamén pensei que se fose eu o que ía mercar unha casa e me ensinansen esta, non a mercaría xamáis.
-Imos ver a parte darriba, decoreina eu mesma- dixo.
Subín detrás dela por unhas esacaleiras de mármore ¡meu deus! arripióuseme o corpo so de pensar en vivir alí.
Ao chegar arriba prendeu a luz, non facía falta porque inda era día e as persianas estaban todas levantadas, eran o úneco que se salvaba, iso pensei porque a min gústanme as ventás grandes que dean moita luz. Seguro que o prenderem a luz foi somentes para que me fixase na lámpara, ¿ónde a mercaría? Non quero pensar máis nelo, pero cada vez que pecho os ollos véñenme alucinacións coa casa e máis a decoración da Xisca, e inda pretendía que nos deitaramos naquela cama... Tiven que marchar dalí a correr, e poñendo a desculpa máis vella do mundo, - ¡teño unha dor de cabeza insoportable, sintoo!